Este curso 2016-2017 realizaremos un Proxecto que se desenvolverá ao longo de todo o curso, titulado » A volta ao mudo en 80 días».
O Proxecto organizarase en tres fases:
1-Que sabemos?
Nesta primeira fase o alumnado expón, en asamblea común, as súas ideas ou coñecementos previos en relación ao Proxecto. Posteriormente o aumnado participará, coa axuda da profe, escribíndoas nunha cartolina que pasará a formar parte do noso «recuncho do Proxecto».
2-Que queremos saber?
Na segunda fase, e tamén a través dunha posta en común, o alumnado manifestará os seus intereses e inquietudes en relación a esta temática. Tamén os plasmaremos noutra cartolina que ubicaremos no mencionado recuncho. Posteriormente iremos planificando o desenvovemento de todo o Proxecto en relación a estas inquedanzas previas.
3-Que aprendemos?
Nesta última fase refexionaremos sobre todo o aprendido, contrastando o noso punto de partida coas novas adquisicións.
O Proxecto artellarase en torno a novela de Julio Verne » A volta ao mundo en oitenta días». Recorreremos distintos países:
-Londres.
-París.
-Exipto.
-A India.
-China.
-Xapón.
-Estados Unidos…
O que nos permitirá traballar múltiples cotidos e competencias clave, coñecer países diferentes ao noso, distintas culturas…e valorar a diversidade.
Entre outros obxectivos, traballaremos os seguintes:
-Coñecer o nome e a biografía do autor da obra.
-Identificar os personaxes principáis do libro.
-Recoñecer e asociar elementos significativos da cultura, da xeografía, da gastronomía, etc. dos distintos países que visitaremos.
-Coñecer documentos identificativos precisos para viaxar: Pasaporte e DNI.
-Coñecer distintos medos de transporte.
-Situar o ecorrido da viaxe nun mapa mundi.
-Estruturar e ordenar os conceptos traballados.
-Resolver problemas de lóxica-matemática asociados ao Proxecto.
-Traballar a expresión e a comprensión oral e escrita vinculada ao Proxecto.
Como en todos os Proxectos agradecemos a colaboración de todas as familias coas diversas aportacións que poden facer.
-Semana do 14 de novembro: Estamos a visitar Londres. O inicio da historia.

Gabriel, Galia e Carla xa trouxeron as súas aportacións, relacionadas con Londres, para o recuncho do Proxecto.
Na semana do 21 de novembro, realizamos as letras para poñer nome ao noso recuncho » A volta ao mundo». Cada neno e nena participou decorando e pegando as letras que lle dan título ao Proxecto, sobre nubes de cores que realizamos con goma eva.
Tamén contamos con máis aportacións para o recuncho de Candela, Uxía, Lara, Paula e Nerea Neira:
Estamos aprendendo moitas cousas!! E quédanos xenial!!!
Semana do 9 de xaneiro: Estamos a visitar París.
Rematamos a nosa viaxe por París. Foi unha viaxe superinteresante, coñecemos os monumentos máis importantes e aprendemos moitas cousas!!
El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Agora, a partires da Semana do 6 de marzo, voltaremos nunha pequena viaxe «express» a visitar Exipto.
Visitamos aos compis de cinco anos que tamén estiveron traballando Exipto e fixémonos unhas fotos nas que saímos superguapos!!!
Selamos os nosos pasaportes, fixemos as maletas e….rumbo á India!!

Rumbo a…..China, Xapón e EEUU!!!!
Rematamos a nosa historia, no país no que iniciamos a historia: Londres!!